Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos dalle continuidade á tradición dos callos na comarca da Louriña

A Unión Deportiva Mos celebrará a III Festa dos Callos en Sanguiñeda o vindeiro domingo 1 de decembro

A terceira Festa dos Callos de Mos, organizada pola Unión Deportiva Mos, presentouse esta mañá no Concello, coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, demais membros da Corporación Municipal e representantes da Deputación de Pontevedra, Pablo Alonso Serodio, presidente da Unión Deportiva Mos e responsable de operacións da Festa dos Callos, outros representantes da directiva da U.D. Mos, e representantes de Coren (entre os que se atopaba Alejandro Alonso, mestre chef - Grupo Coren).


[Img #58345]A festa celebrarase o vindeiro domingo 1 de decembro. Alejandro Alonso de Coren será o mestre chef.


A fábrica do Grupo Coren atópase na veciña localidade do Porriño e un importante número de traballadores/as da mesma son mosenses, por iso dende a Unión Deportiva Mos decidiuse implantar esta celebración gastronómica neste municipio.


Esta homenaxe culinaria a un prato moi invernal e tradicional da cultura galega en xeral e da comarca da Louriña en particular celebrarase, como xa se dixo, o domingo 1 de decembro na Avenida de Sanguiñeda, nas inmediacións da Discoteca Queen, onde haberá instalada unha gran carpa. Tamén se ofrecerá carne ó caldeiro para as persoas que queiran quedar a xantar.


Dende a organización da festa esperan que, tras este tereciro ano de celebración, perdure moitas máis edicións para o que tentarán seguir mellorando ano tras ano.


Nesta ocasión cociñaranse 3.500 racións, e estarán preparados para aumentar este número se fixese falta. O prezo da ración para levar para a casa será de 5 euros e para tomar in situ 7 euros, incluíndo pan, viño tinto ou branco e cunca e prato de agasallo.


A celebración contará con animación musical o 1 de decembro ao longo de todo o día, a cargo de Single Radio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.