Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán inviste 82.000 € dnun camión 4x4 destinado ao servizo de Vías e Obras

Tamén con cargo á Deputación, o Concello ven de adquirir equipamento deportivo por 6.800 € para a futura pista de atletismo de Porto do Molle e 10.200 € en maquinaria de oficina para o Centro Antena e Casa Consistorial

O Concello de Nigrán ven de investir 82.667 euros a cargo  do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra nun camión 4x4 Iveco Eurocargo destinado ao departamento de Vías e Obras. O vehículo, que será dotado de grúa e carrozado, permitirá renovar e ampliar unha flota moi avellentada e, con elo, optimizar o traballo que desenvolven os operarios municipais. Este conta con dous anos de garantía sen limitación de quilómetros e horas, cubrindo tódolos gastos de substitución ou reparación de defectos non imputables ao normal deterioro ou uso inadecuado.

 

Igualmente, dentro deste Plan Concello 2017, o Concello ven de adquirir equipamento deportivo por valor de 6.818 € e destinado fundamentalmente á futura pista de atletismo de Porto do Molle. Entre o material figura un listón para practicar salto de altura, 15 vallas de competición e 10 de dobre altura, unha pértega, 3 discos de atletismo, unha xavelina, 6 tacos de saída, dous trineos de arrastre, 5 balóns medicinais...

 

Finalmente, tamén no Plan Concellos 2017, o Concello investiu 10.200 € en equipamento de oficina para o Centro Antena e outras dependencias municipais. Así, este importe consta dunha fotocopiadora multifunción, unha impresora láser, 7 pantallas LED e unha ensobradora/plegadora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.