GALICIA
Política Social reforza o servizo de transporte adaptado
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, informou hoxe sobre o novo contrato para a prestación do servizo do 065 na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, sinalou esta maña que o novo contrato de prestación do servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade –coñecido como o 065- inclúe un 10% máis de quilómetros que os que se realizaron en 2018 en cada unha das áreas territoriais. Díxoo na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, na que explicou que este contrato está actualmente en licitación.
Ildefonso de la Campa explicou que este reforzo permitirá axustar este servizo gratuíto á demanda existente, polo que se poderá ofrecer unha mellor atención a todas as persoas usuarias do mesmo. Tamén destacou que se incrementará o número de vehículos adaptados ao esixirse un mínimo de 54, tres máis que no contrato vixente que rematará o 1 de febreiro de 2020.
En 2018 máis de 6100 persoas empregaron este transporte colectivo e se realizaron preto de 64.300 servizos que sumaron máis dun millón de quilómetros percorridos
Ademais, o director xeral informou de que o novo contrato terá unha duración inicial de dous anos con posibilidade de prórroga, ata acadar os cinco anos máximos de duración cun investimento superior aos 20 millóns de euros. O servizo mantén a división do servizo en lotes ou áreas de prestación, que son os seguintes: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, A Mariña, Ourense, Pontevedra y Vigo. Deste xeito, facilítase o desprazamento colectivo do maior número de usuarios a un centro de servizos sociais; a rehabilitación, terapia ou coidado persoal; a un centro sanitario ou educativo; ou desprazarse para facer algún tipo de xestión ante a administración.
Por último, Ildefonso de la Campa fixo balance do funcionamento desta prestación, que o ano pasado foi utilizada por 6159 persoas. En 2018 realizáronse un total de 64.295 servizos que supuxeron máis dun millón de quilómetros nos oito ámbitos territoriais no que se configura a prestación do 065.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184