VIGO
Corina Porro comprométese a corrixir as deficiencias detectadas no Conservatorio
A delegada territorial da Xunta recibiu onte ao alumnado do centro dependente da Administración autonómica que lle trasladou as súas demandas
A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, comprometeuse onte co alumnado do Conservatorio Superior de Música da cidade a corrixir as deficiencias detectadas neste centro dependente da Administración autonómica.
A representante do Goberno galego tomou boa nota das demandas que, segundo informou, serán trasladadas de forma inmediata á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para darlles resposta a través da inspección educativa.
As incidencias trasladaranse á inspección educativa para darlles resposta, tanto a nivel técnico como de recursos humanos
En canto ás deficiencias estruturais nas instalacións, Corina Porro informou aos alumnos que serán arranxadas tras a valoración dos técnicos. A este respecto, sinalou que lle trasladará á Consellería a necesidade de que dentro da partida de reparacións de ensinanzas artísticas exista unha dotación para melloras nas instalacións do Conservatorio Superior de Música nos orzamentos do 2020. Entende a delegada que o edificio precisa da reforma demandada en aras da correcta realización da docencia e da interpretación musical a todos os niveis.
En canto ao reforzo do cadro de profesores, Corina Porro, adiantou que solicitará a súa valoración co obxectivo de dar solución ás incidencias acaecidas neste curso en base ás demandas manifestadas polo alumnado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186