PROVINCIA
Iniciadas as obras de mellora da estrada EP-2204 Sabarís-Belesar, Baiona
Os traballos, que se prolongarán durante cinco meses, teñen por obxecto a mellora do trazado nunha perigosa curva para que vehículos e peóns poidan transitar en condicións de seguridade e comodidade
A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar as obras de mellora da seguranza viaria na EP-2204 Sabarís-Belesar, no termo municipal de Baiona, traballos que se enmarcan no obxectivo da institución provincial de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria e peonil no conxunto da rede de estradas provinciais.
Máis polo miúdo, estes traballos teñen por obxecto acondicionar o trazado da perigosa curva existente no punto quilométrico 3+300 da devandita estrada, ademais de habilitar unha cuneta transitable na súa marxe dereita, delimitando claramente a circulación do tráfico e cun deseño utilizable e practicable por vehículos e peóns en condicións de seguridade, comodidade e accesibilidade universal.
A Deputación adxudicou as obras á empresa Construccións Caldevergazo por un presuposto de 80.828 euros e cun prazo de execución de cinco meses. Os traballos consisten na ampliación do radio da curva a 88 metros e a execución dunha plataforma con dous carrís de 3,30 metros cada un, con beiravías dun metro en ambas marxes, ademais dunha cuneta transitable de formigón de 1,5 metros de ancho na marxe dereita e unha cuneta en terra de 1,5 metros na esquerda. Ademais, realizarase a mellora da sinalización e reposición de servizos afectados no treito do proxecto e melloraranse instalacións como o drenaxe de pluviais en todo o ámbito de actuación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217