SOLIDARIOS
A Xunta incrementa o orzamento para 2020 destinado ao Plan da Cooperación Galega
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu esa semana a representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, abordou esta semana con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento o Plan anual 2020 da Cooperación Galega, que se aprobou por unanimidade esta semana durante o pleno do Consello Galego para o Desenvolvemento (Congacode). Á reunión tamén asistiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo. Este Plan Anual conta cun orzamento de 6,6 millóns de euros para 2020, o que supón un incremento nun millón de euros e, por tanto, dun 18,47% respecto a dotación deste exercicio.
O Goberno galego cumpre así co compromiso acadado coa Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento de garantir un crecemento igual ou superior ao 11,4% neste programa incluído no IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021.
Entre as actuacións incluídas no Plan da Cooperación Galega para 2020 destacan as tradicionais convocatorias públicas de subvencións a proxectos de cooperación no exterior de ONGD e outros axentes de cooperación, de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, ou de acción humanitaria.
A Xunta tamén renovará un ano máis, no marco deste programa, a súa colaboración coa Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento, cun convenio que conta cunha dotación de 100.000 euros, o que supón un 11,11% máis ca este exercicio. A través deste acordo, a Coordinadora poderá levar a cabo actividades de formación, sensibilización e fortalecemento do sector.
Por outra parte, tanto o Congacode como o Consello de Acción Exterior de Galicia (CAEX), deron esta semana o seu visto bo por unanimidade ao anteproxecto da Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia, que ten entre os seus obxectivos dotar a Galicia dun maior protagonismo na cooperación para o desenvolvemento.
Neste ámbito, este anteproxecto mantén o compromiso orzamentario que xa se viña reafirmando nos últimos tempos e incorpora como novidade especificidades en relación ás normas xerais do réxime financeiro e orzamentario da Xunta co fin de optimizar a xestión polo departamento competente, garantir a eficacia e a eficiencia, e reforzar a inspección e control das axudas e subvencións que se destinen aos axentes de cooperación para os proxectos no exterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136