Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Río Tollo, 20 años cultivando 
no Baixo Miño

Dúas décadas de historia marcadas polo traballo en equipo, a innovación e a superación continua

Dúas décadas de historia, dúas décadas de traballo en equipo, innovación e superación continua que definiron o que é Río Tollo hoxe en día: unha empresa que aposta polo futuro do Baixo Miño, cunha ampla plantilla de traballadores da contorna, cunha actividade sostible e respectuosa co medio natural no que se atopa e que é líder en I+D+i a nivel europeo, levando o nome de Tomiño máis alá das fronteiras de Galicia.


O xermolo remóntase ao ano 99. Os primeiros invernadoiros comezan a encherse e, con eles, a crecer unha empresa que buscaba “dar riqueza, traballo á zona e diversificar a actividade agraria” e que rapidamente abriuse a Europa en busca de novas ideas, novos produtos e novas iniciativas coas que seguir crecendo. Foi Europa a que lles abriu as portas ao que hoxe é un dos seus cultivos de referencia, a camellia, unha planta que se adapta á perfección ao clima do Baixo Miño e que co paso dos anos conseguiu situar en todos os mapas á comarca.


Río Tollo empezou a crecer, a veces sen présa, a veces de forma case desbordante, pero sempre cun equipo heteroxéneo e equilibrado detrás que deu a Río Tollo un selo de seriedade, calidade, innovación e valentía que se exporta a todo o Baixo Miño, poñendo en valor o que se fai na comarca. Son dúas décadas crecendo ao tempo que crecen os seus traballadores e a contorna, apostando polas persoas, cun equipo de traballadores entregado, apaixonado polo seu traballo, orgulloso do que fai e en formación e evolución constante.


Río Tollo naceu como un humilde proxecto empresarial e converteuse nunha gran familia orgullosa do que ten conseguido con traballo e esforzo. Un modelo de empresa baseado no coidado do medio ambiente, na escoita activa, na aprendizaxe, na proximidade e nun espírito de cooperación que levounos a unirse con outros viveiros para crear a primeira comercializadora de planta do Baixo Miño, Coplant Galicia.


Tras 20 anos de esforzo agora chega o momento de enfrontarse a novos retos e soños. Unha maior tecnificación, unha mellor organización e estruturación en puntos claves, a mellora continua… sen esquecerse de dignificar o traballo, mellorar a calidade de vida das persoas que traballan en Río Tollo e a convivencia coa contorna.


Foron 20 anos de intenso traballo, de risas e lágrimas, de moitos momentos de euforia e decepción, de superar adversidades e seguir loitando contra vento e marea. Dúas décadas de historia que non serían posibles sen todas aquelas persoas que teñen depositado en Río Tollo a súa confianza ao longo destes anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.