Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 02 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Premio Paraugas para o Catálogo “Mulleres do Silencio” que visibiliza o talento das artistas galegas do século XX

A obra foi editada pola Deputación de Pontevedra coa iniciativa da comisaria da mostra da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, e impresa por Tórculo Comunicación

O Catálogo “Mulleres do Silencio”, editado pola Deputación de Pontevedra, coa iniciativa da comisaria Rosario Sarmiento, e impreso por Tórculo Comunicación, acaba de ser galardoado co Premio “Paraugas” polo Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia ao mellor libro. A deputada provincial Ana Laura Iglesias recolleu o galardón na cerimonia de entrega que tivo lugar en Ourense, onde subliñou que a edición desta obra, que recolle a esencia da exposición que co mesmo nome visibilizou o talento de 19 mulleres da arte galega do século XX, se enmarca na prioritaria aposta pola igualdade que ten a institución provincial. Iglesias reiterou o firme compromiso da Deputación, “un eixo no que seguiremos traballando ata que todos e todas poidamos resgardarnos baixo o mesmo Paraugas”.

 

[Img #58450]A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa emoción “xa que trátase do segundo premio que nos dan esta semana vinculado á igualdade. Esta obra é un exemplo do que para o noso goberno significa dar voz ás mulleres”. Silva agradeceu en primeiro lugar o premio á comisaria da exposición da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, “que ideou como tiña que plasmarse esa mostra de mulleres artistas en páxinas”, para recoñecer logo todo o “excelente traballo” dos departamentos da Deputación implicados na edición deste libro: o Servizo de Igualdade, que asumiu a coordinación, o de Comunicación Institucional, encargado do seu deseño e maquetaxe, e o de Servizos Lingüísticos, que revisou e traduciu os textos. E estendeu o  agradecemento á empresa Tórculo, que foi a encargada de realizar a impresión da obra.

 

 

 

 

Carmela Silva: “É o segundo premio que nos dan esta semana vinculado á igualdade. Esta obra é un exemplo do que para a Deputación de Pontevedra significa dar voz ás mulleres”

 

 

 

 

Carmela Silva lembrou que as artistas galegas cuxa traxectoria recolle “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz” estiveron “historicamente ocultas” a pesar das súas grandes aportacións “ata o punto de ser precursoras de moitas mulleres artistas que hoxe están a ser protagonistas da revolución cultural que vive Galicia”. Apuntou a este respecto que “un dos eixos fundamentais polos que se rexen as nosas políticas” por ser “o gran reto deste século XXI para a sociedade” e para o que aínda, como subliñou a presidenta, “queda moito camiño por percorrer”.

 

“Non seremos unha sociedade plenamente democrática sen igualdade”. Nese senso, dedicou tamén o premio “a todas as feministas que nos abriron camiño e grazas as que temos todos os avances conseguidos”. “Como di Yolanda Castaño _sinalou_ no limiar doutro catálogo, o da exposición “Sempre Marzo”, o noso obxectivo é “que nunca se enfríen as brasas da páxina” escrita polo feminismo desde hai séculos. Sen dúbida, o século XXI será o século das mulleres”.


O catálogo xa estase a repartir nos centros escolares “porque nos parece unha semente máis para inculcarlles aos máis novos e novas como debe ser ese futuro en igualdade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.