PONTEAREAS
Rueda destaca a unidade e a forza do PPdeG
O presidente provincial do PP participou xunto a Ana Pastor nun xantar con 300 persoas en Ponteareas
O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou esta fin de semana a unidade e a forza do PPdeG durante a comida de Nadal celebrada en Ponteareas ante unhas 300 persoas. “Quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país”, sinalou Rueda, en referencia a outras formacións.
O presidente provincial participou no xantar xunto á número 2 do PP por Madrid, Ana Pastor, e recoñecidos dirixentes do partido, que quixeron compartir mesa e mantel no restaurante El Otro Mundo del Tea.
Rueda recordou o ocorrido nas pasadas eleccións xerais, cando preto de 60.000 persoas optaron por outras opcións de centro dereita. “Foron votos tirados ao lixo porque non obtiveron representación, ao igual que pasara na convocatoria de abril, e acabaron favorecendo ao PSOE”, sinalou, e alertou do perigo que iso suceda tamén nas vindeiras eleccións autonómicas.
Recordou que nas últimas eleccións xerais 60.000 persoas optaron por outras opcións de centro dereita que non obtiveron escano e que acabaron favorecendo ao PSOE
O presidente provincial insistiu no ADN do PPdeG. “Somos un partido de centro, reformista e galeguista. Somos o partido que máis se parece a Galicia”, afirmou e puxo en valor os resultados nas xerais de novembro, nas que o PP da provincia creceu nun deputado e nun senador, fronte á baixada do PSOE.
Por último, lanzou unha mensaxe de cara ás autonómicas: “Falamos do futuro de Galicia e o futuro de Galicia non pode quedar en mans de quen non cre en Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163