Ponteareas
Formación “SmartPeme” en Ponteareas
As oficinas do programa “Smartpeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño desenvolverán durante este mes de decembro un total de 15 accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
En Ponteareas, as accións desenvolveranse no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro 5, Ribadetea). O martes 10 continuarán cun taller de “Iniciación ao SEO II: optimizará a túa páxina web para gañar visibilidade”, o xoves 12 de decembro será a quenda de aprender sobre “Facebook Ads”, xa o martes 17 impartirase un obradoiro sobre “Ferramentas de márketing dixital para empresas turísticas” e, por último, o xoves 19 as realizarase un taller titulado “Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping”. Todos estes obradoiros impartiranse de 19:00 a 21:00 horas a excepción do do martes 17 de decembro, que terá lugar entre as 17:00 e as 19:00 horas.
As inscricións para tomar parte nestas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163