Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Jueves, 05 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta advirte que "o goberno de España non prevé investimentos na depuradora de Ponteareas ata o ano 2021"

A conselleira de Infraestruturas insiste en demandar que se reasignen integramente a outros proxectos de saneamento na nosa Comunidade os 56 millóns de fondos europeos consignados a obras en Galicia e que non se van poder executar no prazo previsto

A Xunta de Galicia advirte de que o Goberno de España non prevé investimentos nas obras de ampliación e mellora da depuradora de Ponteareas ata o ano 2021. Así se desprende da proposta de convenio sobre o financiamento dos traballos, remitida días atrás pola sociedade pública Acuaes ao concello pontevedrés e á Administración autonómica. Ademais, o Goberno galego lamenta a falta de reposta do Executivo central ante as demandas de colaboración trasladadas para solucionar as necesidades de saneamento dun municipio próximo, Salvaterra de Miño, igualmente prioritarias.


A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, dirixiuse por carta ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para insistir na solicitude, xa formulada, de que se reasignen a novos proxectos necesarios na nosa Comunidade os 56 millóns de euros de fondos europeos que estaban consignados a obras en Galicia que non se van poder executar no prazo estipulado pola UE.

 

 

 

 

Vázquez Mourelle solicita unha xuntanza para abordar o financiamento de actuacións de saneamento declaradas de interese xeral do Estado en Galicia e outras necesidades na bacía da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

 

 

 


Ethel Vázquez solicita a celebración dunha xuntanza urxente para que a Xunta e o Goberno de España poidan abordar conxuntamente, o antes posible, o financiamento tanto das obras declaradas de interese xeral do Estado en Galicia, como é o caso da depuradora de Ponteareas e o saneamento de Raxó, en Poio, como doutras obras necesarias en territorio pertencente á bacía de competencia estatal, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.


No seu escrito, a conselleira lembra que a Xunta  está preocupada polas necesidades de saneamento de Ponteareas pero tamén polas do concello de Salvaterra de Miño. A ese respecto, lembra que co obxectivo de avanzar nos distintos proxectos, o pasado 5 de novembro lle remitiu ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil os documentos técnicos da depuradora no Mendo e do colector en Oleiros. Esa solicitude non foi respondida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.