VIGO
O autobús da Xunta de Galicia “engánchate ao voluntariado” chega ao Campus de Vigo
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a delegada da Xunta, Corina Porro, achegáronse a saúdar ao equipo deste programa
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, participaron este xoves na campaña de promoción da acción voluntaria posta en marcha pola Consellería de Política Social co gallo da celebración este 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado.
As representantes autonómicas achegáronse ata o campus universitario de Vigo para saúdar o equipo deste programa que percorre desde o pasado 26 de novembro en autobús as principais cidades e vilas galegas baixo a lenda “Engánchate ao voluntariado”.
Durante este xoves, o vehículo permanecerá emprazado ata as dúas da tarde no cruce das rúas As Pedreiras e Ilustración, concretamente na zona dos autobuses.
Tanto Cristina Pichel como Corina Porro coincidiron en pór en valor a importancia das accións voluntarias e para que cada vez sexan máis as galegas e galegos dispostos a participar nas mesmas.
O vehículo, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado, permanecerá emprazado no cruce das rúas As Pedreiras e Ilustración ata as dúas da tarde
Ao fío do Día Internacional do Voluntariado, a Xunta de Galicia está a desenvolver varias actividades, entre elas o encontro que ten lugar este xoves entre participantes galegos nos campos de voluntariado de Galicia, doutras comunidades e do estranxeiro no auditorio do CGAC en Santiago de Compostela.
Os campos de voluntariado enmárcanse na Campaña de Verán que todos os anos programa a Xunta de Galicia. Neste 2019 ofertáronse un total de 643 prazas, 40 máis con respecto a 2018, en 30 campos diferentes. A temática destas actividades abranguen a medioambiental, a etnográfica, a social, a arqueolóxica e a patrimonial. Todas comparten unha faceta dinamizadora e impulsora da zona onde se levan a cabo, así como o seu carácter internacional coa participación de xuventude doutras nacionalidades.
O autobús “Engánchate ao voluntariado” estará este venres 6 de decembro na explanada do aparcadoiro da Delegación Territorial da Xunta de Galicia dando a coñecer ás persoas interesadas os programas do Goberno galego nesta materia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.88