VIGO
Adif garante ao alcalde que Vigo formará parte do corredor atlántico de mercadorías
A presidenta de Adif confirmou a Abel Caballero a inclusión do Porto de Vigo no corredor atlántico de mercadorías como unha prioridade. Isabel Pardo de Vera trasladará ao Concello e fará pública a documentación que oficialice unha incorporación que o alcalde considera "unha necesidade imperiosa" para a cidade
O alcalde de Vigo deu conta "das garantías totais" que a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, lle trasladou sobre a inclusión do Porto de Vigo no corredor do atlántico de mercadorías. Neste senso, a máxima responsable de Adif lle comunicou que se fará público un documento oficial que recolle a incorporación do Porto de Vigo na rede europea de mercadorías como unha cuestión prioritaria. Caballero quixo tranquilizar a empresarios e á propia Autoridade Portuaria, ao tempo que amosou a "súa sorpresa" porque esta inclusión non fora xa unha decisión tomada polo Partido Popular. En rolda de prensa, insistiu en que para Vigo estar no mapa dos corredores europeos é unha necesidade imperiosa" dado que se trata dun Porto de contedores, "mobilizador de moitas mercadorías".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103