REDONDELA
A Xunta elimina en Redondela un punto de vertido de augas residuais ao Río Fondón
As emisións contaminantes foron identificadas polo persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia no marco das labores rutineiras de control á rede fluvial do concello
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda dun punto de vertido de augas residuais no concello de Redondela, con afección ao curso do río Fondón, no seu percorrido polo lugar de Angorén, na parroquia de Chapela.
As emisións contaminantes foron identificadas polo persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia no marco das labores rutineiras de control á rede fluvial do concello e na liña de costa no ámbito do municipio pontevedrés.
Os inspectores de Augas de Galicia solicitaron ao Concello a adopción de medidas para a emenda deste vertido, quen procedeu á reparación da filtración detectada nun pozo de rexistro da rede municipal de saneamento
O resultado da inspección levada a cabo polos técnicos de Augas de Galicia permitiu localizar unha filtración detectada nun pozo de rexistro da rede municipal de saneamento. A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Redondela para que procedese a adoptar accións correctivas para a emenda da contaminación asociada ao punto de vertido.
Recentemente, os técnicos dependentes de Augas de Galicia realizaron unha nova comprobación do punto de vertido, e comprobaron que a reparación da filtración realizada polo Concello permiten o cese dos aportes irregulares que se producía ao domino público hidráulico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91