Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán renova 215 metros de tubaxe de impulsión da Avenida de Portugal

Estas obras foron acometidas de urxencia polo Concello ante o perigo inminente dunha gran ruptura que puidese producir filtracións ao río

O Concello de Nigrán está a rematar a renovación de 215 metros de tubaxe de impulsión de augas residuais na Avda. de Portugal (A Ramallosa) poñendo fin aos problemas de constantes avarías na zona (dez  neste último ano) debido ao mal estado das mesmas. Estas obras foron acometidas de urxencia polo Concello ante o perigo inminente dunha gran ruptura que puidese producir filtracións ao río e supuxeron un custe de 63.897 €. Os traballos constaron da substitución por tubaxe de polietileno de 250 mm de diámetro e posterior reposición do asfalto no carril afectado (marxe dereita en sentido a Vigo).

 

"Dada a situación ao borde do colapso, optouse pola substitución total de urxencia para evitar males maiores e por fin dunha vez aos constantes problemas", resume o alcalde, Juan González.

 

Así, o colector de fundición rebasara a súa vida útil tras máis de 30 anos en funcionamento e o propio efecto do intenso tráfico rodado e da abrasión debilitaran profundamente a súa estrutura, producíndose constantes roturas coas consecuentes molestias aos veciños e posibles filtracións á contorna.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.