O PORRIÑO
O PP reclama melloras nas estradas provinciais de Mosende a Morgadáns e de Budiño
Deputados provinciais comprobaron o estado das vías, e reclaman ao Bipartito da Deputación que "se tomen en serio o mantemento e a seguridade nas estradas provinciais"
O Partido Popular reclama a Deputación de Pontevedra melloras nas estradas provinciais EP 2403, na parroquia de Budiño no Porriño, e na EP 2405, de Mosende a Morgadáns, que une o concello porriñés con Gondomar. O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, e o tamén deputado provincial e voceiro local do partido, Alejandro Lorenzo, percorreron as dúas estradas para comprobar "a inseguridade que provocan para os seus usuarios".
Deste xeito, no que respecta á estrada na parroquia de Budiño, concretamente no barrio do Casal, reclaman beirarrúas nos dous lados da estrada para dar seguridade aos veciños deste lugar. Explican os populares que nesa contorna están instaladas moitas empresas, polo que o fluxo de coches é constante e tamén que estean aparcados a ambos lados da estrada, provocando que os peóns teñan que camiñar polo interior do carril cando acceden, por exemplo, ao centro social ou mesmo á capela que están próximas. Unha situación de risco, que se agrava durante os meses de inverno coas condicións de visibilidade e climatolóxicas adversas, e que para os populares reclama unha actuación urxente e prioritaria por parte do Goberno provincial.
Piden que doten de beirarrúas á EP 2403 e que ensanchen varios tramos da EP 2405, nas que os carrís se reducen tanto que só pode pasar un vehículo
Outra das actuacións que os populares piden é que se execute a segunda fase das obras da EP 2405, de Mosende a Morgadáns, que une os concellos do Porriño e de Gondomar. REcordan os deputados que nesta estrada se fixeron unhas melloras moi importantes cando o PP gobernaba na Deputación, pero desde que se fixo esa primeira fase das obras, o Bipartito PSOE-BNG non presentou ningún proxecto máis para esta estrada. Así, explican que hai zonas nas que os carrís se estreitan tanto que só pode pasar un vehículo, e que ademais é en treitos nos que non hai beirarrúas, nin arcéns e a visibilidade é reducida por curvas pronunciadas. “Parecen camiños cando estamos falando de estradas provinciais. Hai treitos totalmente intransitables”, denuncia Jorge Cubela.
Pola súa parte, Alejandro Lorenzo cuestiona tamén o papel do concello no estado das estradas provinciais do Porriño. “Non se pode consentir esta desidia nin pasotismo do Bipartito da Deputación, pero tamén nos preguntamos que papel xoga aquí o Goberno local. Nin unha soa reclamación, e co seu silencio están sendo cómplices desta situación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149