Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 12 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Recheo nas canteiras ¿recuperación ecolóxica ou negocio?

A antiga “Canteira Ferro” reforestada cun milleiro de piñeiros

Dende a Comunidade de Montes de Atios denunican que “só unha fina capa de terra vexetal oculta os residuos industriais verquidos alí”

O pasado día 11 de decembro Eva García, alcaldesa do Porriño asistiu ó inicio dos traballos de reforestación do espazo que ocupara a antiga “Canteira Ferro”, pertenecente a “Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA).

 

Dende o Concell do porriño explican nun comunicado que “O buraco da explotación de granito ‘Rosa Porriño’ recheouse con 500.000 metros cúbicos de materiais procedentes de ata 150 obras, entre elas as da nova Estación de Vigo e da Autovía A-52. Os traballos de rehabilitación duraron 6 anos e remataran agora coa prantación de 1.000 piñeiros que iniciaron unha duzia de alumnos dos centros de educación especial “Aceesca”, do Porriño, e “Juan María”, de Nigrán, acompañados dos seus monitores. Precisamente por esa colaboración tamén acudiu ó acto Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán.

 

[Img #58709]

 

Segundo informou Jorge Massó, responsable da empresa “POCASA”, esta firma porriñesa “foi a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975, non só no Porriño senon tamén en Galicia. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.

 

[Img #58710]

 

Eva García de la Torre declarou que era “un día moi importante para o Concello do Porriño porque comprobamos como faise realidade a recuperación dun espazo que estivo adicado á explotación mineira  despois dun traballo inmenso e coa reforestación prevista, tamén vai mellorar o medio ambiente”. “Agardo que outras canteiras que estean en desuso ou esgotaran o seu ciclo de explotación pois tamén realicen axeitados proxectos de recuperación dos espazos e montes que ocuparon”, engadiu a alcaldesa de O Porriño.

 

Montes de Atios denuncia “irregularidades”

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios ven de denunciar, noutro comunicado de prensa, unha restauración “chea de irregularidades”. Aseguran que “non é ouro todo o que reloce. Ferro é un paradigma do que foi e é a explotación do granito no Porriño. A restauración converteuse nun negocio tan lucrativo como a propia extracción de pedra. Un gran negocio do que os veciños do Porriño obtiveron escaso proveito”.

 

A restauración de Ferro, que asumiu directamente Pocasa logo da creba da empresa que tiña subarrendada o dereito mineiro, efectuouse sobre unha superficie que excedeu moito o perímetro da concesión, que abrangue arredor de 31.000 metros cadrados. “Porén o recheo levouse a cabo sobre unha área aproximada de 4,5 hectáreas, o que multiplica o volume de metros cúbicos de vertido. E que se traduce en máis negocio para a empresa que cobrou pola recepción de todo tipo de materiais” sinalan os comuneiros de Atios.

 

Ademais, entenden “que se incumpriu o decreto 975, que rexe as restauracións mineiras, xa que non se devolve o terreo á súa configuración orixinal. Consolídase un enorme muro de mampostería que aumenta a cabida da canteira, o que se traduce en máis volume de recheo e máis negocio para quen cobra polo vertido, pero perpetúa unha construción artificial que afecta á paisaxe da zona”.

 

Dende a Comunidade de Montes de Atios engaden que “os materiais cos que se fixo o recheo son na súa gran maioría lodos procedentes dos aserradoiros de pedra e material triturado de construción. Nada ecolóxico, dende logo. Só unha fina capa de terra vexetal tapa o residuo industrial, e sobre ela realízase a plantación de árbores. Dado o sustrato, é probable que os piñeiros sufran moito para medrar”.

 

A comunidade de Montes de Atios aplaude accións solidarias como é a colaboración con entidades de apoio a persoas con necesidades especiais. “Pero iso non debe ocultar a responsabilidade tanto de Pocasa como do Concello do Porriño na xestión do patrimonio público. E cremos que neste caso, coma noutros traballos de restauración que se están levando a cabo na zona, non se está facendo o correcto” sinalan.

 

A Comunidade de montes, que é titular dos terreos ao abeiro dunha sentenza en primera instancia que aínda non foi contradita, lamenta que “non foi convidada ao acto” e tampouco “a asociación de Afectados pola actividade das canteiras, os que máis padeceron o efecto nocivo dunha explotación industrial que durante anos se fixo sen control nin respeto ao entorno humano ou medioambiental. Restaurar está ben, é unha obriga ineludible do titular do dereito mineiro, pero non debe agochar as irregularidades cometidas en todo o proceso” aseveran.

 

Critican tamén “a posición que ata agora mantivo o goberno local do Porriño,  moi disposto a gastar importantes cantidades de diñeiro en preitear cos veciños, mentres pola contra era moi brando á hora de esixrille aos canteiros que pagaran pola ocupación do terreo”.

 

Por último din que “Ferro” é un caso máis “de desleixe recadatorio por parte dos últimos gobernos locais. As canteiras ocupan en Atios 600 mil metros cadrados polos que o concello apenas recauda unha mínima parte, como así consta na contabilidade municipal e na documentación que a propia Tesourería entregou no xulgado. Un desleixe na xestión dos últimos gobernos que ben merecería un reproche penal. Unha situación lamentable, que demostra os parámetros terceiromundistas nos que se desenvolve a explotación mineira no Porriño: depredación impune do territorio e sen beneficio para a poboación local”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.