REDONDELA
Rematan as Vacacións con Traballo en Mozambique dun técnico de Redondela
Jesús Bravo colaborou durante un mes coa Fundação Encontro para mellorar a xestión do lixo nas comunidades da man do Fondo Galego de Cooperación
Un técnico medioambiental do Concello de Redondela vén de pasar un mes en Mozambique asesorando aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de xestión do lixo. A través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais socias da entidade, Jesús Bravo colaborou coa Fundação Encontro para promover a separación, reutilización e reciclaxe dos residuos nas comunidades.
“Regreso cunha mochila máis baleira de prexuízos e medos, e repleta de grandes vivencias, de moitísimas emocións, desa aprendizaxe que non se atopa nos libros”, comentou o voluntario á súa volta. “O obxectivo deste proxecto era compartir coñecementos e experiencias profesionais; logo do vivido e transmitido podo asegurar que esas metas foron acadadas plenamente”, engadía ao facer balance da estancia.
O labor de Jesús Bravo centrouse en ofrecer charlas de concienciación sobre o mellor xeito de xestionar o lixo, evitando sobre todo os vertedoiros incontrolados a ceo aberto. Axudou a instalar recipientes para separar os residuos e asesorou sobre o emprego da materia orgánica como compost, chegando a comprobar como a veciñanza poñía en práctica estas suxestións. Tamén realizou varias actividades na Casa do Gaiato, fogar de preto de 200 nenos, supervisando a retirada de plásticos nas zonas de cultivo e organizando “brigadas antilixo” cos cativos. Traballou asemade con activistas da Fundação Encontro, que agora se encargarán de darlle continuidade a este labor tanto a nivel interno como nas aldeas.
Persoal municipal da Coruña e Lousame
O programa Vacacións con Traballo tamén enviou este ano a Cabo Verde Lola Pardo, técnica de desenvolvemento local do Concello da Coruña, que en setembro asesorou á Cámara Municipal de Santa Cruz nesta área. Despois de coñecer os recursos dispoñibles, profundando con cada un dos axentes no seu xeito de traballar e nas súas necesidades, a especialista realizou achegas a diferentes documentos estratéxicos. Por outra parte, Néstor Romero, técnico de deportes do Concello de Lousame, tiña previsto colaborar coa vila mozambicana de Nhamayábue, pero a súa viaxe houbo de pospoñerse debido á inestabilidade na zona norte do país tras a celebración das eleccións xerais.
Un total de 46 técnicas e técnicos de 32 deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participaron desde 2006 no programa Vacacións con Traballo, que permite intercambiar coñecementos nunha contorna novidosa, entrar en contacto con outras culturas e favorecer así a transformación cara sociedades máis xustas e inclusivas. Ademais, durante as estadías supervísanse sobre o terreo os proxectos de cooperación internacional cofinanciados, ao tempo que se poden identificar outros novos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91