PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra estrea do encendido do Nadal máis sostible
Madeira pintada, luces leed, pedras, vexetais, tarros reciclados e outros elementos reciclados son este ano as claves da decoración navideña que hoxe protagonizaron rapazas e rapaces de Igualarte e Juan XXIII
A aposta do goberno de Carmela Silva polo respecto ao Medio Ambiente e a transición ecolóxica xa se reflexa este Nadal na decoración elixida para o Pazo Provincial de Pontevedra. Deste xeito, a presidenta provincial manifestou que “ten que haber un compromiso cos parámetros dos ODS proxectos pola ONU, porque o noso planeta non soporta que sigamos a tratalo como estamos a facer. Pero ademais do compromiso nas grandes decisións, temos que facelo na vida cotiá e este ano na Deputación decidimos apostar por unha decoración de Nadal sostible e respectuosa”.
Así, o Pazo da Deputación luce xa “marabillas de decoración de Nadal” feitas sobre madeiras, troncos, pedras, material reciclable e sostible, con luces LED e elementos “todos eles respectuosos co planeta”. Ademais, foron os elementos nos que participaron activamente as persoas integrantes de Igualarte e Juan XXIII, “grandes artistas, un orgullo e un exemplo para o conxunto da sociedade” –tal e como asegurou Carmela Silva-, que se encargaron de decorar o vestíbulo do Pazo con elementos de madeira pintados a man. “Todas as persoas temos dereito a participar en todo, e todas e todos temos grandes capacidades e somos creativas e creativos, así que agradezo moito que Igualarte e Juan XXIII teñan participado con nós nun Nadal sostible”.
Tamén se implicaron na decoración do vestíbulo as funcionarias e funcionarios da Deputación a través dunha campaña de comunicación interna. “O mundo o moven os afectos. Cando es capaz de crear espazos onde hai afecto, complicidade, colaboración, onde a xente traballa xunta cun proxecto común, a xente sempre resposta. E dende logo as funcionarias e funcionarios teñen respondido dunha forma que a min me fai sentir orgullosa, emocionada e moi leda por ver que aquí temos a grandes servidoras e servidores públicos”, manifestou Silva.
A Deputación tamén impulsou unha campaña interna para implicar ao persoal na decoración sostible dos servizos. “O mundo o moven os afectos” subliñou Silva e “o persoal funcionario ten respondido dunha forma que me fai sentir orgullosa”
Deste xeito, a través da campaña de comunicación interna convidóuselles ás funcionarias e aos funcionarios a achegar botes de vidro das súas casas para configurar elementos decorativos e “o éxito foi moi grande, temos cerca de 1.500 botes que trouxeron as funcionarias e funcionarios sendo os servizos de RRHH, Igualdade e Areeiro os que máis botes recolleron”, salientou a presidenta quen aproveitou para facer “unha mención moi especial á Unidade Galopíns de Príncipe que fixo entrega de botellas de vidro decoradas”.
Xunto aos botes tamén se impulsou un concurso de decoración das dependencias da Deputación con materiais de reciclaxe e respectuosos co Medio Ambiente. “Teñen participado en total 20 servizos que serán avaliados pola funcionaria máis nova e a de maior idade e polo funcionario máis novo e o de maior idade. Haberá dous premios, con produtos de Rías Baixas, de proximidade e, polo tanto, máis ecolóxicos e respectuosos, que se entregarán o 20 de decembro, coincidindo co acto de entrega de distincións ás persoas que se xubilaron neste ano”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56