Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 13 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A alcaldesa de Mos regala o seu banco ao Colexio de Atín

A iniciativa naceu como a primeira solicitude da nova directiva da ANPA do centro

A bancada parladoiro “Nidia con Mos” coa que a alcaldesa mosense percorreu as parroquias do municipio como candidata durante a campaña dos pasados comicios locais celebrados no mes de maio, é xa propiedade do alumnado de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Atín-Cela.

 

A rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, facíanlle entrega do agasallo en forma de banco aos cativos esta mañá no propio centro escolar, xunto con membros da nova directiva da ANPA do colexio; de quen partiu a iniciativa de pedirlle un banco ao Concello para crear o “Banco da Amizade”.

 

Ante a solicitude –que foi a primeira petición que a nova directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos lle fixo á administración local mosense- Arévalo pensou en inmediato en regalarlles persoalmente o seu banco ao tratarse a iniciativa do “Banco da Amizade” semellante en concepto á do seu banco parladoiro, xa que en ambos casos a idea e obxectivo son fomentar a comunicación e achegar posturas entre os interlocutores a través do diálogo e a proximidade. A través da escoita activa das necesidades e demandas dos demais.

 

“É moi importante estar en contacto permanente coa xente, cos compañeiros, cos veciños”, explicoulles Arévalo aos cativos, “por iso vos regalo este banco, porque non se me ocorre mellor destino para el que dar asento aos nenos/as que queren ou buscan amigos, que queren xogar, que se sinten sós… para que sempre atopen compaña e unha man amiga”.

 

A idea do “Banco da Amizade” naceu para situalo no patio de recreo e que calquera pequeno do centro que se sinta triste, teña un mal día, precise falar ou non teña con quen xogar se sente nel e, ao velo, os seus compañeiros poidan achegarse para consolalo, darlle un abrazo, falar con el/ela, ou compartir o tempo de xogo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.