PONTEAREAS
Ponteareas inicia a elaboración do seu primeiro Plan de Mocidade
Por vez primeira redactarase un regulamento para o uso dos locais de ensaio consensuado cos usuarios/as
A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, vén de anunciar o comezo do proceso de elaboración do I Plan de Mocidade, co obxectivo de ser a estratexia que guíe a política xuvenil do Concello de Ponteareas, marcando os obxectivos para satisfacer as necesidades da mocidade ponteareá durante os vindeiros anos.
Nas últimas semanas Miguel Bouzó xa puña en marcha unha das primeiras medidas deste I Plan da Mocidade ao incluir nas bases de subvencións de axuda ao fomento de emprego un incentivo para a contratación de menores de 35 anos nas empresas locais.
Co compromiso de garantir o protagonismo efectivo da poboación moza no deseño, desenvolvemento e avaliación das actuacións que figuren no documento, Bouzó indica que se levará a cabo un proceso participativo coa mocidade para concretar as accións que require cada obxectivo, diagnosticando a situación actual en cada unha das liñas de actuación para obter un documento realista que recolla as súas necesidades e permita mellorar o seu benestar.
O primeiro dos encontros será o venres día 27 no que o concelleiro de Mocidade se reunirá coa mocidade para someter a consulta o primeiro regulamento de uso dos locais de ensaio.
O I Plan de Mocidade de Ponteareas abordará diversas temáticas como a educación, o emprego, o transporte, a cultura ou o ocio alternativo. Bouzó aclara que unha vez definida esta folla de ruta, executarase cada unha das actuacións concretas de xeito transversal ás demais áreas que compoñen o goberno local.
O concelleiro de mocidade indica que as medidas deste plan comezarán a aplicarse no 2020 e adianta que, respondendo á demanda reiterada da mocidade e do Consello da Infancia e da Adolescencia, no primeiro trimestre a mocidade disporá dun espazo xuvenil propio no centro urbano.
Bouzó sinalou que Ponteareas conta con 6.800 mozas e mozos menores de 30 anos, o que require unha especial atención a este sector da poboación para converter á nosa mocidade en axentes do cambio social mediante a súa participación.Esta estratexia será unha ferramenta de traballo eficaz que proporcione solucións para os próximos anos a través dun modelo de intervención que se adapte ás condicións cambiantes da mocidade no escenario económico e social no que vivimos actualmente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163