Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 14 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas de Mos piden explicacións por non presentar a Mos en Culturgal

Este mes tivo lugar en Pontevedra, coma ven sendo habitual nos últimos anos, a Culturgal que é a Feira da Cultura Galega. Este é un evento no que se presenta a oferta cultural de cara o vindeiro ano de Galicia pero sobre todo, da provincia de Pontevedra. Tal é a magnitude que acadou esta feira que acoden diversas administración públicas, editoriais, empresas do sector e colectivos da vida cultural pontevedresa.

 

A Deputación de Pontevedra dispoxo un stand propio no que presenta a súa programación propia pero no que tamén convida de forma gratuíta a que formen parte os concellos mostrando a súa. Nesta última edición participaron 40 concellos con micro presentacións, vídeos ou publicacións relevantes. O obxectivo é que cada concello de a coñecer a súa oferta e tamén poida obter ideas doutras vilas, e así o transmitiron dende a administración provincial.

 

A voceira do Partido Socialista, Victoria Alonso, pide "as explicacións pertinentes do motivo de que Mos non quixese participar nesta feira xa que non había temática acotada. Alonso entende esta como unha maneira de mostrar entre os alí asistentes a actividade do noso concello para atraer visitantes", así coma que tilda de "inaceptable que se impida a nosa vila acceder a este tipo de ofertas que non suporían gasto económico para o concello". Alonso di que "xusto no mes no que se presentan novidades para atraer visitantes a Mos non se queira participar nunha actividade gratuíta ca mesma finalidade e engade que so pode deberse a unha cuestión política xa que esta medida foi levada a cabo pola Deputación". A voceira socialista incide no feito de que "o concello debería aproveitar tódalas posibilidades que se presenten xa que doutro xeito estarían actuando dunha maneira partidista".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.