TUI
Unha familia agradece á Policía Local pola localización do seu fillo
Os axentes da Policía Local de Tui David González Martínez e Esteban Álvarez González recibiron a semana pasada o agradecemento dunha familia de Tui a que hai uns meses axudaron na busca do seu fillo, menor de idade, que se perdera durante a xornada escolar. Bruno Correia e Beatriz Correa amosaron aos axentes o seu agradecemento polo labor realizado na localización do seu fillo.
Pola súa parte os axentes manifestaron que cumpriron co seu deber nesa actuación, da que se senten orgullosos, máxime por tratarse dun menor en situación de risco. Déronlles tamén as grazas polo sinxelo acto realizado esta mañá no Concello no que estiveron tamén presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e o oficial xefe, Manuel Arca Caeiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163