Viernes, 10 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 31 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Un estudo xeotécnico determinará a conexión subterránea dos edificios do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar un novo trámite para facer realidade a consolidación, restauración e interconexión dos edificios centrais do Museo a través da creación dun novo gran soto. O Servizo de Contratación provincial ten xa en marcha os trámites administrativos para licitar e adxudicar a realización dun estudo xeotécnico, imprescindible para coñecer o estado do solo nas parcelas dos edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López, así como nos espazos públicos existentes entre eles.

 

Segundo indica o informe-proposta, o estudo xeotécnico é un traballo previo que garantirá a viabilidade do proxecto da rehabilitación dos edificios. Consistirá na realización de sondaxes e ensaios para caracterizar e distinguir os diferentes niveis e tipoloxías de solo e rocha en profundidade, confirmando a súa estabilidade, entre outras cuestións. De non producirse problemas na tramitación nin coa climatoloxía, a execución das catas podería comezar no mes de xaneiro.

 

Nas prescricións técnicas indícase que o contratista, polo menos, deberá realizar catro sondaxes a rotación con recuperación continua de testemuña, catro ensaios de penetración dinámica, así como ensaios de laboratorio (para determinar a granulometría, a agresividade do solo ou da auga ao formigón, a densidade natural e seca, un ensaio de corte directo e outro de compresión simple).

 

A interconexión mediante unha nova planta soto dos tres edificios centrais do Museo formúlase como a única solución óptima para garantir a operatividade e o uso museístico dos inmobles, xa que permitirá a conexión e continuidade entre eles, cumprirá a normativa de accesibilidade e proporcionará unha alta funcionalidade ao conxunto, sempre coa premisa de manter intacta a icónica imaxe exterior actual, condición imposta ademais polo Departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia.

 

O Castro Monteagudo e o García Flórez atópanse nestes intres pechados pola súa obsolescencia e deterioro –cunha grande debilidade dos forxados–, perdendo a súa aptitude para ter uso expositivo, mentres que o edificio Fernández López, aínda que operativo, ten limitacións e deficiencias que obrigan tamén á súa rehabilitación.

 

De maneira individualizada cada un dos tres inmobles presentan unha difícil adaptación ao uso museístico e dificultades para cumprir as esixencias pola súa configuración e superficies útiles. É necesaria unha redistribución de espazos para instalar controis de acceso, climatización e seguridade, garantir plena accesibilidade universal e facilitar a comunicación horizontal e vertical.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.