Galicia
Nunha semana 9 denuncias por consumo de alcohol e drogas en menores
OUBO 47 INSPECCIÓNS POR CONSUMO DE ALCOHOL E DROGAS EN MENORES
Oubo 47 inspeccións por consumo de alcohol e drogas en menores con diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 47 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 11 concellos galegos entre o 9 e o 16 de decembro de 2019. Nestes controis identificáronse a 9 persoas e levantáronse 9 actas de infracción.
Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago nesta pasada semana realizáronse 31 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Cambados, Lugo, Meis, Poio, Pontevedra, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Vedra e Vigo.
Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 9 persoas e inspeccionadas 47 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 9 actas de infracción: 5 por consumo de alcohol e 4 por venda de alcohol.
A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.
OUBO 47 INSPECCIÓNS POR CONSUMO DE ALCOHOL E DROGAS EN MENORESAxentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un total de 47 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco en 11 concellos galegos entre o 9 e o 16 de decembro de 2019. Nestes controis identificáronse a 9 persoas e levantáronse 9 actas de infracción.
Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago nesta pasada semana realizáronse 31 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Cambados, Lugo, Meis, Poio, Pontevedra, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Vedra e Vigo.
Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 9 persoas e inspeccionadas 47 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 9 actas de infracción: 5 por consumo de alcohol e 4 por venda de alcohol.
A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44