Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 16 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa do Porriño “aliviada” coa sentenza absolutoria nunha actuación como avogada

Eva García de la Torre coñeceu hoxe o fallo xudicial que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documentos públicos

Eva García de la Torre coñeceu hoxe  a sentenza que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documentos públicos no eido da súa profesión como abogada, en todo caso anterior a súa etapa actual como alcaldesa de O Porriño.


Declarouse “tranquila e alivíada” polo fallo xudicial “despois de atravesar uns meses moi complicados pola utilización ilexítima dun asunto profesional no eido da política para tacharme de cousas incalificables”.


A sentenza “deixa claro que non cometin ningún feito punible de xeito que agardo que esta segunda absolución remate co ataque persoal do que foi vítima “, declarou.


A alcaldesa de O Porriño agarda que o seu caso sirva de exemplo de que “non todo vale para intentar cargarse a carreira política de alguén”.


A sentenza que lle foi comunicada hoxe a primeira hora da tarde, procede do Xuzgado do Penal nº 1 de Pontevedra, na mesma instancia que xuzgara os feitos e xa tivera dictada unha primeira absolución que agora reiterou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.