A GUARDA
A rúa Concepción Arenal convértese nunha referencia peonil e comercial na Guarda
O deputado de Infraestruturas, Gegorio Agís, e o alcalde, Antonio Lomba, comprobaron os resultados das obras de humanización, valoradas en máis de 1,1 millóns de euros e financiadas maioritariamente pola Deputación de Pontevedra
O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto. As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas á empresa “Obras, Reformas y Saneamientos S.L.” por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53%. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.
Durante a visita, Gregorio Agís asegurou que “é unha obra moi relevante onde se pon en valor unha zona moi importante da Guarda. Tamén aquí era necesario acometer os servizos e facer intervencións de humanización e de mobilidade peonil”. Deste modo, os traballos foron desenvolvidos en dous tramos. O primeiro abarca dende o cruce coa rúa Enrique María Sesto ata o Hotel Convento de San Benito, mentres que o segundo inclúe o camiño que vai dende o cruce entre a PO-552 ata a rúa Enrique María Sesto.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicou: “Había tres eixos arredor dos que xiraba esta praza, que eran a praza Avelino Vicente, a entrada ó Auditorio de San Benito e o espazo que queda enfronte ó Hotel de San Benito”. Ademais, engadiu: “Eu creo que esta vai ser unha ganancia para A Guarda. Onde antes había coches agora vai haber espazos para que a xente e os nenos desfruten”.
O alcalde cualifica a nova vía como “un modelo” e destaca a importante redución do tráfico, a accesibilidade e a flexibilidade no uso
Así, os obxectivos principais destas actuacións eran mellorar as características monumentais e fortalecer a explotación como espazo público. “Creouse un espazo central realmente acorde ó tipo de zona urbana que é. Cremos que este tipo de actuacións son fundamentais para a seguridade cidadá e para o desenvolvemento económico destas zonas comerciais urbanas”, asegurou o deputado de Infraestruturas durante a visita.
Por outra banda, renováronse as instalacións de abastecemento, saneamento, alumeado público e instalouse mobiliario público coa finalidade de aumentar a integración das persoas con mobilidade reducida e diminuír o impacto da pegada de carbono de cara á creación de cidades e comunidades sostibles, un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU dentro da Axenda 2030.
“Esta rúa é, para nós, un modelo. Nela reduciuse moitísimo o tráfico; é totalmente accesible e flexible”, subliñou o alcalde da vila. Con todo, as beirarrúas pasaron de ser dun metro escaso a ocupar todo o espazo público cunha gran plataforma que permite que tamén poidan circular vehículos.
Finalmente, o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, sinalou o investimento que fixo a Deputación no concello da Guarda, que ascende a máis de sete millóns de euros (7.187.066,73 euros), dende que Carmela Silva tomou posesión no cargo de presidenta do ente provincial na primavera de 2015.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11