O PORRIÑO
O polígono industrial da Granxa contará cunha Escola Infantil
Alejandro Lorenzo trasladou á conselleira de Política Social, Fabiola García, as necesidades do Porriño en materia de benestar social, entre as que destacan a construción dun novo Centro de Día e a construción de novas Escolas Infantís
O voceiro do grupo municipal do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, mantivo unha xuntanza coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para interesarse pola situación dunha das grandes demandas da poboación porriñesa, a construción dunha Escola Infantil no polígono industrial, e trasladarlle outras necesidades do Porriño en materia de benestar social.
"Unha escola infantil no polígono é esencial para garantir a conciliación familiar dos moitos porriñeses e porriñesas que traballan nos polígonos industriais", explicou Alejandro Lorenzo. O edil amosouse satisfeito ao trasladarlle a conselleira que se están a ultimar os trámites e que nos próximos días este proxecto , tan importante para O Porriño, será unha realidade. "É unha gran nova que finalmente, o proxecto do empresariado, coa financiación da Xunta de Galicia, esté en marcha. Moitas familias poderán beneficiarse deste servizo que tiña que terse facilitado moito antes por parte do Concello do Porriño".
A conselleira de Política Social comprometeu o apoio da Xunta de Galicia ás súas propostas e adiantou que a concesión da subvención para a construción da Escola Infantil no polígono industrial estase ultimando e nos próximos días será unha realidade
Xa no mes de maio a conselleira adiantara que o municipio contaría con esta gardería, a falta de que o Concello cumprira coa súa parte. Asimesmo, Fabiola García comprometeuse a visitar O Porriño e reunirse coa Asociación de Empresarios para informalos polo miudo.
Lorenzo, aproveitou a xuntanza para volver a defender o seu plan global en materia de benestar social para o concello, que inclúe a construción dun novo Centro de Día e trasladou á Conselleira a necesidade de habilitar unha nova Escola Infantil no centro urbano do Porriño para cubrir a demanda e as necesidades da veciñanza.
"As persoas deben ser o centro das políticas do noso pobo, polo tanto, o benestar o compromiso especial con aqueles máis o precisan, os nenos e os maiores, coas persoas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade, debe ser o eixo central de calquer xestión", concluíu Lorenzo, "O Goberno Municipal non está á altura das necesidades que presentan os porriñeses e porriñesas, e neste sentido queda moito camiño por andar".
O edil, agradeceu tamén a disposición e compromiso da Conselleira de respaldar as iniciativas sociais que se impulsen no municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149