VIGO
Os faros como dotacións culturais e turísticas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse nesta semana coa directora da Autoridade Portuaria de Vigo, Beatriz Colunga, para dar continuidade ás reunións mantidas nos últimos meses con Puertos del Estado nesta liña
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse nesta semana coa directora da Autoridade Portuaria de Vigo, Beatriz Colunga, para analizar as diferentes posibilidades que teñen os faros da área de influencia desta auroridade portuaria para acoller dotacións culturais e turísticas. A Xunta dá así continuidade ás reunións mantidas nos últimos meses con Puertos del Estado para avanzar na posta en marcha dunha estratexia que permita poñer en valor os faros galegos que actualmente non contan cun uso habitacional, mantendo sempre o seu uso principal como axuda á navegación.
No encontro abordouse a importancia de analizar os futuros usos dun xeito planificado e coordinado sobre cada un dos equipamentos avaliándoos en función das súas características máis singulares. Tamén se afondou na importancia desta iniciativa para reforzar o turismo mariñeiro xerando produtos especializados recuperando un valioso patrimonio inmaterial e impulsando o desenvolvemento económico dos concellos da contorna dos faros.
Coa reunión de hoxe en Vigo, a Xunta continúa coa rolda de contactos coas distintas autoridades portuarias galegas, tras manter outra coa Autoridade Portuaria da Coruña e coa de Vilagarcía, como así se comprometeu na última reunión mantida con Puertos del Estado para avanzar nesta estratexia común.
Tras o encontro coa autoridade portuaria da Coruña e de Vilagarcía, prosegue a así unha rolda de contactos coas distintas autoridades portuarias de Galicia para estudar unha folla de ruta que poña en valor este tipo de equipamentos
Esta folla de ruta, que se formula a longo prazo e que está chamada a ter un papel importante despois do Xacobeo 2021, permitirá xerar diferentes produtos turísticos e culturais especializados en diferentes emprazamentos costeiros, favorecendo un turismo de alta calidade. Ademais, aportará unha visión integral que terá en conta proxectos xa existentes e permitirá deseñar un itinerario de interese paisaxístico para fomentar o descubrimento do litoral pontevedrés.
Avanzando desde outubro
A Xunta de Galicia e Puertos del Estado levan traballando nesta liña desde o pasado mes de outubro cando inicialmente acordaron en Madrid desenvolver xunto coas autoridades portuarias galegas unha estratexia que permita planificar dotacións culturais e turísticas nos faros que non contan cun uso habitacional, facéndoas compatibles co seu uso principal como sinal marítima.
O pasado mes de novembro Santiago de Compostela acolleu un encontro de traballo entre o Goberno galego, Puertos del Estado e representantes das Autoridades Portuarias galegas para avanzar nesta proposta onde se avanzaron medidas para facilitar a posta a disposición á sociedade destes equipamentos de interese patrimonial e paisaxístico dun xeito planificado, facilitando a xestión dos trámites administrativos en espazos tan sensibles como os faros. Neste sentido, explorouse a posibilidade de implantar sistemas que faciliten as xestións para os inversores ou promotores interesados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126