NIGRÁN
O 'Carteiro Real' visita tódolos colexios públicos de Nigrán
Un ano máis, o enviado das Suas Maxestades de Oriente percorre durante esta semana todos os centros educativos recollendo as cartas dos nenos
O Concello de Nigrán, como xa é tradición, enviará durante toda esta semana ao 'carteiro real' aos colexios públicos do municipio que solicitaron este ofrecemento que por terceiro ano consecutivo fai Concello. O enviado das Súas Maxestades de Oriente iniciou o seu traballo de recollida de cartas este luns na Escola Infantil Dunas (Panxón), onte no CPI Arquitecto Palacios e CEE Panxón, hoxe no CEIP de Camos e Mallón e o venres será Papá Noel quen visite A Galiña Azul. Os Reis Magos fixeron este encargo para exercer de carteiro real en Nigrán ao Rei Midas, quen ademais entregou caramelos aos nenos e lles informou que o venres 27 voltará a estar recollendo cartas no Auditorio Municipal dende as 17:30 horas (coincidindo coa celebración dun contacontos infantil).
Previamente á visita do carteiro real, o Concello entregou nos colexios as cartas deseñadas ex-profeso pola nigranesa Olalla Fernández para que os nenos escriban as súas peticións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58