MOTOR
A electrificación do Groupe PSA
Coincidindo coa celebración da COP25 en Madrid, Groupe PSA reforza o seu compromiso histórico co respecto ao medio ambiente e a descarbonización, presentando a súa estratexia de electrificación baseada en 2 plataformas multienergía CMP e EMP2.
Desde 2019 o 100% dos lanzamentos do grupo incorporan unha versión electrificada que convivirá con motorizacións diésel eficientes Euro 6, de modo que o 100% da gama estará electrificada en 2025.
Isto é posible grazas ás plataformas flexibles multienergía CMP e EMP2, que nunha mesma cadea de montaxe permiten fabricar indistintamente vehículos gasolina, diésel, 100% eléctricos con ata 340 kms de autonomía, e híbridos enchufables con ata 59 km de autonomía en modo “cero emisións”. Un enfoque que permite unha rápida adaptación da produción das plantas de Groupe PSA aos posibles cambios que se poidan xerar na demanda.
Esta estratexia concrétase aquí e agora en 9 modelos electrificados, coa etiqueta 0 da DXT, que están xa á venda: os Peugeot e-208 e SUV e-2008, DS 3 CROSSBACK E-TENSE e Opel Corsa-e, 100 % eléctricos, xunto aos híbridos enchufables SUV Peugeot 3008 Hybrid, SUV Citroën C5 Aircross Hybrid, DS 7 CROSSBACK E-TENSE 4X4 e Opel Grandland X Hybrid.
España ten un papel crave na política de electrificación de Groupe PSA. A planta de Vigo, onde se produce o SUV Peugeot e-2008, conta con ambas as plataformas. Pola súa banda, a planta de Zaragoza, conta coa plataforma CMP para a produción do Opel Corsa-e, plataforma que tamén está instalada na planta de Madrid para a versión “cero emisións” dun novo modelo aínda confidencial. Grazas aos importantes investimentos realizados por Groupe PSA en España, é o único fabricante que producirá turismos 100% eléctricos nas súas tres fábricas o noso país a partir de 2020. Sen esquecer que, ademais, en 2021, chegará a nova xeración de vehículos comerciais lixeiros electrificados, desenvoltos sobre a plataforma EMP2 e producidos na planta de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163