VIGO
Vigo aproba a concesión de 100 becas para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas
O Concello de Vigo ven de adxudicar as becas de para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas. Segundo explicou o alcalde, todas as solicitudes que cumprían os requisitos foron concedidas, polo que finalmente se cobren as 100 prazas ofertadas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou do visto e prace ás 100 bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro para alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O programa para 2020 presenta un orzamento de 175.000 euros para un total de cen becas e todas as solicitudes que cumprían os requisitos foron concedidas e polo tanto aténdense as 100 prazas ofertadas.
Da centena, 66 son para o Reino Unido e/ou Irlanda, 11 para Francia, 6 para Alemaña e/ou Austria, outras tantas para Italia, 4 en Portugal, 4 para Xapón e 3 para China. O Concello ofrece unha estadía formativa nestes países, tal e como fai cos 900 alumnos de Secundaria que xa viaxaron este mes de setembro ao Reino Unido e Irlanda.
A bolsa irá destinada a financiar á estancia de dúas semanas en calquera cidade (dalgún de estes países) elixida polos estudantes e aos gastos de viaxe de ida e volta en avión desde o aeroporto de Vigo ata a cidade de destino.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126