VIGO
O goberno local e a Deputación para a humanización da Ronda de Don Bosco
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aproba o convenio coa Deputación de Pontevedra para o proxecto de reforma da rúa Ronda de Don Bosco, na que o goberno local acometerá a transformación dos xardíns e a redución da velocidade para os vehículos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou en rolda de prensa do convenio coa Deputación de Pontevedra para acometer as obras de humanización da rúa Ronda de don Bosco.
A adxudicación da reforma é de 1,5 millóns -a Deputación aporta 900.000 euros e o Concello 617.000 euros- e o proxecto inclúe a humanización desde a rúa Progreso ata Velázquez Moreno, e entre Eduardo Iglesias e o Paseo de Granada. O proxecto, cun prazo de execución de 10 meses, ten como foco principal a transformación do xardín situado fronte á igrexa de María Auxiliadora para converter a zona en semipeonil.
Coa reforma da rúa o Concello dará prioridade aos peóns e limitará a velocidade do tráfico rodado a 10 quilómetros por hora. Tamén se levará a cabo a peonalización da rúa María Auxiliadora e a renovación da praza, con maior superficie.
Vítimas de violencia de xénero
Ademais, o rexedor informou da adxudicación da contratación do servizo do programa de educación familiar da rede municipal de vivendas de protección a vítimas de violencia de xénero. O importe do contrato é de 28.510 euros e será adxudicado á Fundación Aldaba.
O alcalde tamén engadiu que o novo contrato incrementa en 15 meses a experiencia laboral dos medios persoais adscritos e as horas da formación en materia de igualdade. O Concello dedica 1,5 millóns de euros ao ano a programas de Igualdade e dispón de vivendas para a acollida temporal de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126