Galicia
Máis de 1400 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa
Oubo máis de 800 caídas de árbores
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia contabilizou un total de 1430 incidencias relacionadas cos efectos da meteoroloxía adversa que afectou á nosa comunidade desde as 00:00 horas do sábado ata as 08:00 horas de hoxe.
Por provincias, a máis afectada foi A Coruña, onde se alcanzaron as 567 incidencias. Pontevedra sumou 349, seguida de Lugo con 325 e Ourense con 186 incidencias rexistradas. A caída de árbores e pólas nas vías de circulación (808), as accións de prevención de riscos (239), cables de luz e teléfono nas estradas (77) e postes caídos nas calzadas (59) foron as incidencias que máis se repetiron.
No relativo aos concellos, destaca o de A Coruña con 48 incidencias, Santiago de Compostela e Oleiros alcanzaron as 31, respectivamente, e Carballo sumou 29. Na provincia de Pontevedra, A Estrada alcanzou as 37, Lalín as 34, Pontevedra sumou 19 e Ponteareas 18. No concello de Lugo contabilizáronse 23, en Viveiro 19, en Chantada 18 e en Vilalba 13. E, por último, na provincia de Ourense, O Carballiño sumou 10, Celanova 9 e Ribadavia 7.
Cómpre destacar que durante a pasada noite, un tren que cubría a liña entre Vigo e Barcelona chocou contra unha árbore caída nas vías férreas en Ribadavia, sen rexistrarse danos persoais. Debido ao impacto, ao fío das 22:15 horas, o tren rematou avariado e foi necesario que unha máquina de socorro remolcase ao convoi ata a estación de Ourense coa pasaxe a bordo. Finalmente, segundo informou Adif ao 112 Galicia, as persoas que viaxaban no tren remataron o traxecto en autobús.
Ademais, unha persoa precisou asistencia médica onte despois de que lle caese encima do coche no que circulaba unha árbore en Cortegada. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a persoa atopábase liberada e accesible. Ocorreu preto das 17:00 horas e, nada máis recibir o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros do Carballiño e ao GES de Ribadavia.
En Cambre, caeron varias partes do Tellado dun edificio de 4 alturas na Praza da Ría golpeando e rompendo a canalización do gas. Desde o CIAE mobilizouse á Policía Local, aos Bombeiros de Arteixo, á empresa subministradora de gas e ao Servizo Municipal de Protección Civil.
En Carballo, no Colexio Fogar, na rúa Vila de Noia, levantouse o tellado do centro. Quedou sinalizado polos Bombeiros de Carballo.
Ademais, en Cortegada, unha árbore caeu encima dun vehículo e feríu ao seu ocupante. Ocorreu na estrada que une Cortegada a Ponte Varxas.
En Cerdido, unha muller resultou ferida ao bater o vehículo no que circulaba contra unha árbore caída na vía. Ocorreu na AC-102 á altura do Carballeiro.
E, por último, no termo municipal orensán do Bolo, caeu o pilar dunha ponte e afundiuse no lugar da Barxa, onde pasa o río Xares, na estrada que une A Barxa co Seixo, en Petín. Trátase dunha vía secundaria que une as aldeas da Barxa co Seixo e hai outras vías alternativas polo que os pobos non quedan incomunicados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44