Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Jueves, 02 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Medio ambiente recupera o bosque de Ribeira do río Tea

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva a cabo eliminación de especies alóctonas presentes nas marxes deste río e a plantación de salgueiros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda executa unha actuación para a recuperación das masas de bosque de ribeira en quince quilómetros do río Tea, ao seu paso polos concello de Ponteareas e Salvaterra do Miño.

 

Os traballos teñen por obxectivo garantir e recuperar o arboredo de primeira liña das marxes do Río Tea e consolidar as mesmas mediante a plantación de salgueiro e de outras frondosas. Asemade, procederase á eliminación de especies alóctonas, principalmente, Falsa acacia (Robinia pseudoacacia), Arce con follas de fresno (Acer negundo), Ailanto (Ailanthus altissima), Mimosa (Acacia dealbata) e bambú gigante (Phyllostachys bambusoides). Por último, efectuaranse traballos para a retención de derrubes ou desprendementos de noiros que se puideran ver afectados polas crecidas.

 

 

 

 

O proxecto conta cun investimento de máis de 50.000 euros e está dentro das accións previstas no proxecto MigraMiño- Minho

 

 

 

 

Os traballos deste proxecto de recuperación levaranse a cabo nos catro vindeiros meses e o orzamento destina ao mesmo supera os 50.000 euros e será executada por un centro especial de emprego de iniciativa social, co fin de facilitar unha oportunidade laboral a persoas de colectivos de difícil inserción.

 

Trátase dunha actuación que se enmarca dentro do proxecto denominado Migra Miño- Minho, que lidera a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que conta con fondos Feder, co que se busca mellorar a protección e conservación do hábitat fluvial da sub-bacía do tramo internacional do río Miño desde o embalse de Freira hasta a súa desembocadura en A Guarda-Caminha.

 

En definitiva, é unha acción que mellorará a protección e a xestión sostible dun espazo natural de fronteira de alto valor ecolóxico e que conta con espazos da Rede Natura 2000.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.