Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 29 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

ZOOM: do individuo á paisaxe

[Img #59101]O espazo Xove de Tui acollerá a exposición de fotografía ZOOM: do individuo á paisaxe ata 7 de xaneiro. A exposición constará de dúas partes que se sucederán cronoloxicamente: unha primeira do 26 ao 7, e unha segunda do 7 ao 17. 

 

A mostra recollerá as obras de artistas emerxentes da facultade de Belas Artes. Así, poderemos atopar fotografías de Anubis Muñoz, Ricardo Lede, Luzía Rúa, Emma Sotelo, Cristina Chiarroni, Emma Diarte, Sara Maneiro e Cora Novoa. Ademais, os comisarios organizadores de toda a exposición tamén serán alumnos da propia facultade (Sabela Rodrigues, Carla Rodríguez, Beatriz Paniagua e Samuel Rodríguez).

 

ZOOM: do individuo á paisaxe tratará o tema do corpo humano dende un novo punto de vista. No primeiro volume ofrecerase unha visión xeral do corpo e do individuo. No segundo, pola contra, poderemos atopar o corpo aumentado, descontextualizado. Así, a exposición propón un achegamento ás paisaxes e poéticas do corpo, mediante as súas formas e texturas. Trátase, en definitiva, dunha aproximación ao impersoal e trascendental. 

 

A inauguración terá lugar o vindeiro día 26 ás 19.00 horas, e a exposición poderá visitarse ata o día 7, de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 (entrada de balde).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.