Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 29 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:

Festa Pre Fin de Ano en Mos con Andrea Pousa e La Fórmula

Será este luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos

Foto de arquivo da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano á que asistiron preto de 3.000 persoasFoto de arquivo da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano á que asistiron preto de 3.000 persoas

Aproxímase a data do prato forte da programación navideña organizada polo Concello de Mos, a Festa Pre Fin de Ano, que terá lugar o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas no Pazo de Mos.

 

A cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, Andrea Pousa, será a encargada de presentar as badaladas que, por suposto, contarán coas tradicionais 12 uvas de Fin de Ano para todos os asistentes. O Concello repartirá preto de 200 quilos de uvas para que todo o mundo poida cumprir coa tradición.

 

 

 

 

 Repartiranse preto de 200 quilos de uvas

 

 

 

 

Tras as badaladas e as uvas chegará a actuación da Orquestra La Fórmula, que presentará o seu mellor espetáculo dos últimos anos, titulado “La magia existe”.

 

Nos exteriores do Pazo de Mos haberá instalada unha gran carpa para este evento festivo.

 

Desde o Concello de Mos espérase repetir o éxito da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano, á que asistiron preto de 3.000 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.