GALICIA
O Centro Tecnolóxico da Carne investirá 2,6 millóns de euros en I+D+i o próximo ano
Con ese orzamento poderá levar a cabo 53 iniciativas de cooperación con empresas e outras entidades do sector agroalimentario
O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu a reunión de final de ano do padroado da fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), onde se fixo balance da actividade realizada no segundo semestre do presente ano e se deron a coñecer as liñas de actuación do vindeiro exercicio. Neste sentido, o conselleiro destacou os máis de 2,6 millóns de euros que este centro investirá en proxectos de I+D+i no 2020, seguindo o camiño da Galicia innovadora.
Así, cúmprese cos obxectivos do Plan Estratéxico de Galicia no eixo de empregabilidade e crecemento intelixente, que busca impulsar e consolidar as políticas de gasto vencelladas á investigación para integrar a Galicia no círculo virtuoso da innovación para o crecemento.
Este importe orzamentario tradúcese nunha actividade relevante do CTC, que poderá desenvolver un elevado número de proxectos nos próximos 12 meses. En concreto, o Centro Tecnolóxico da Carne ten previsto participar en, alomenos, 53 iniciativas de cooperación con empresas e outras entidades do sector agroalimentario.
Respecto aos ingresos, os fondos do CTC proveñen fundamentalmente do financiamento de proxectos de innovación autonómicos, nacionais e internacionais, sobre todo europeos. Pola súa banda, a aportación da Consellería do Medio Rural no 2020 será de 400.000 euros. Estes ingresos permítenlle ao Centro levar a cabo proxectos de innovación propios no ámbito cárnico, ofrecer servizos ás entidades privadas, así como asesoramento e transferencia tecnolóxica ao sector e liñas de actuación en materia formativa.
No segundo semestre de 2019 desenvolvéronse 60 proxectos, case todos colaborativos, cun investimento global de máis de 15 millóns de euros
Para desenvolver todas estas actividades, o CTC -e por extensión, a Consellería do Medio Rural- fai unha importante aposta polo capital humano. De feito, case o 54% do orzamento dedícase ao capítulo de persoal xa que se considera que é o valor máis importante para poder desenvolver os proxectos de cambio e mellora dos procesos e produtos do sector agroalimentario, subliñou José González.
No que respecta ao exercicio que remata, só no segundo semestre do ano desenvolvéronse 60 proxectos de I+D+i, case todos colaborativos con empresas e outras entidades do sector agroalimentario, cun investimento global de 15,5 millóns de euros. Ademais conseguíronse 12 novos proxectos cun orzamento global de máis de 1,6 millóns de euros.
A gran parte dos proxectos de I+D+i nos que participa o Centro Tecnolóxico da Carne proveñen da participación en convocatorias de carácter autonómico (Consellería do Medio Rural, Axencia Galega de Innovación), nacional (Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria, Agencia Estatal de Investigación, Ministerio de Economía y Empresa, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación) e internacional (Horizonte 2020, Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal, Programa Sudoe e o Programa Iberoamericano de Ciencia y Tecnología para el Desarrollo).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44