Jueves, 09 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 28 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación e Concello de Pontevedra rehabilitarán os edificios centrais do Museo

Unha Resolución presidencial autorizará o acordo na institución provincial

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos en firme para mellorar os equipamentos do Museo de Pontevedra e ten xa listo para a sinatura o protocolo co Concello de Pontevedra que permitirá rehabilitar os edificios centrais do Museo e construír o novo Centro de Arqueoloxía de Pontevedra. Este documento, xa aprobado por Resolución presidencial na Deputación, e aprobado na Xunta de Goberno do concello capitalino, polo que a rúbrica poderá ser inminente.

 

No texto do protocolo insístese en que o obxectivo do acordo é establecer as liñas de colaboración das partes asinantes "encamiñadas a impulsar, establecer e contribuír, conxuntamente, á mellora e racionalización do equipamento museístico da cidade de Pontevedra". Esta actuación supón, por unha banda, a rehabilitación, conexión e dotación de accesibilidade a través do subsolo dos edificios Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López, previa modificación puntual do PEPRICA xunto coa a construción dunha edificación en parcela sita en Valdecorvos dedicada á xestión integral dos fondos arqueolóxicos do Museo de Pontevedra.

 

Tamén se sinala que, no caso de que durante a realización dos estudos de análise da viabilidade dos proxecto de interconexión polo subsolo dos edificios xurdan cuestións xurídicas, técnicas, medioambientais, arqueolóxicas ou de calquera outra índole que determinen a inviabilidade total ou parcial de realizar o proxecto, previa reunión da comisión de seguimento do protocolo, poderán realizar os cambios necesarios no acordo sen que esa alteración supoña a resolución do resto de compromisos.

 

Coa sinatura do protocolo o Concello de Pontevedra comprométese a ceder á Deputación de Pontevedra mediante convenio o uso dos treitos do subsolo das rúas Sarmiento (30 m2), Pasantería (225 m2) e García Flórez (100 m2), coa finalidade de que se poidan acometer as obras necesarias para a conexión a través do subsolo que doten de accesibilidade e permitan a consolidación e rehabilitación dos tres edificios do Museo de Pontevedra. As superficies dos treitos de subsolo a ceder, manterán a titularidade municipal, como bens de uso e dominio público.

 

O Concello de Pontevedra tamén se compromete a colaborar técnica e xuridicamente na redacción do instrumento de modificación do PEPRICA e a tramitalo ata a súa aprobación definitiva, no prazo o máis breve posible e coa máxima dilixencia, unha vez presentada a documentación correspondente a cada fase de tramitación pola Deputación de Pontevedra.

 

No que atinxe a Valdecorvos, o Concello comprométese a ceder gratuitamente e transmitir, libre de cargas e gravames, á Deputación de Pontevedra a titularidade da parcela P20, de nove mil cincocentos nove metros cadrados (9.509 m2), ademais de a axilizar a tramitación e concesión tanto da licenza para a construción do Edificio Arqueolóxico unha vez presentada a solicitude e proxecto pola Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.