Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 05 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mellora do equipamento en oito agrupacións de Protección Civil da Provincia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega esta semana do novo equipamento

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta semana de sete tendas de campaña de atención ás emerxencias e un vehículo pick-up para reforzar o equipamento de oito Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Pontevedra. Á entrega tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

 

Deste xeito, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Redondela, Vilagarcía, Poio, Marín, Cerdedo-Cotobade, así como da Mancomunidade do Val Miñor e a Agrupación Oitavén-Tea contarán con cadansúa tenda de campaña para despregar en situacións de emerxencia. Ademais, a agrupación do Rosal recibiu un vehículo todo terreo pick up.

 

As tendas son de fácil transporte e montaxe e desmontaxe. Tamén contan cunha estrutura reforzada de aluminio anodizado e lona de poliéster impermeable e coa opción para instalar focos LED, xunto con catro tomas de corrente. Unha vez montadas ocupan unha superficie de 16 metros cadrados cunha altura máxima de 2,47 metros.

 

Alfonso Rueda destacou a importancia de que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado que lles permita levar a cabo o seu traballo con seguridade e ofrecer unha resposta eficaz ante calquera intervención.

 

 

 

 

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos de Redondela, Vilagarcía, Poio, Marín, Cercedo-Cotobade e da Mancomunidade do Val Miñor e a Agrupación Oitavén-Tea recibiron cadansúa tenda de campaña para a atención ás emerxencias e os efectivos do Rosal un vehículo pick-up

 

 

 

 

A colaboración entre a Xunta e os concellos en materia de protección civil e emerxencias permite dotar aos membros dos servizos municipais dun equipamento adecuado que reforce a súa seguridade e, por ende, a dos seus veciños.  

 

A entrega da continuidade á folla de ruta iniciada para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES).

 

A Administración autonómica realizou nos últimos anos un importante investimento en medios materiais para as AVPC, que supera os 12 millóns de euros en equipamento cedido desde 2015.

 

O Goberno galego tamén mantén a aposta pola formación actualizada no eido das emerxencias que se imparte de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). ​

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.