GALICIA
En vigor a nova prestación económica por fillas e fillos menores de tres anos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta ampliación de crédito para que sexan beneficiarias todas as familias que cumpran os requisitos
A Xunta de Galicia incrementa os fondos para conceder a 1713 familias a prestación económica por fillas e fillos menores de tres anos. O Goberno galego acada os 2,1 millóns de euros para achegar esta axuda a todas aquelas persoas que o solicitaron e compren os requisitos da orde. O Diario Oficial de Galicia (DOG) fai pública esta ampliación.
A Administración autonómica destinou nun crédito inicial 2 millóns de euros ao pagamento destas prestacións. Agora amplía en preto de 100.000 euros para atender a todas as solicitudes que compren coas bases da convocatoria. A prestación consiste nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos.
Os beneficiarios terán dereito a percibir un pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos
Son beneficiarias desta axuda económica directa aquelas persoas que teñan ao seu cargo nenas ou nenos menores de 3 anos nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 (ambos os dous días incluídos). Os nenos e nenas nados desde o 1 de xaneiro de 2018 reciben unha prestación similar a través da Tarxeta Benvida. Tamén se require que ningún membro da unidade familiar estivese obrigado a presentar a declaración polo IRPF no ano 2017, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
Ademais, son igualmente beneficiarias desta axuda as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución xudicial ou administrativa ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017. E en todos os casos, as persoas proxenitoras deben ter a súa residencia habitual en Galicia e na data da solicitude, os nenos e nenas deben convivir coa persoa solicitante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184