Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Xunta elimina dous puntos de vertido na Ramallosa e en Panxón

Os vertidos foron identificados no marco dos traballos de inspección levados a cabo por parte do persoal do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do Plan de Control de Vertidos desenvolvido dende Augas de Galicia, vén de emendar dous puntos de vertido no Concello de Nigrán.

 

Un destes puntos de vertido foi localizado nas inmediacións da ponte da estrada PO-552, na parroquia da Ramallosa. As actuacións iniciáronse coa detección do aporte contaminante no transcurso das labores de inspección rutineiras levadas a cabo polo persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia.

 

 

 

 

Os técnicos de Augas de Galicia realizaron recentemente unha inspección ao lugar e constataron a través de novas analíticas a ausencia de contaminación, confirmándose a efectividade das medidas correctoras adoitadas polo Concello

 

 

 

 

Os feitos observados notificáronse ao Concello de Nigrán, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a corrección da incidencia. Tras detectarse a orixe da contaminación nas filtracións existentes nun tramo do colector de saneamento da rúa Torrente Ballester, procedeuse por parte do Concello á súa reparación.

 

O segundo dos puntos de vertido, localizado na parroquia de Panxón, era froito de conexións erróneas de dúas liñas de saneamento da rúa do Mariñeiro, que foron emendadas mediante a reconexión efectuada nos colectores.

 

Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha inspección aos lugares e constataron a través de novas analíticas a ausencia de contaminación, confirmándose deste xeito a efectividade das medidas correctoras adoitadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.