Salvaterra de Miño
Inicio do Obradoiro de Memoria e Lectura en Salvaterra
Esta semana arrancaba o Obradoiro de Memoria e Lectura organizado polo Concello de Salvaterra de Miño para maiores de 60 anos, que se levará a cabo do 8 de xaneiro ao 27 de maio, todos os mércores de 10.00 a 11.00 horas na Casa de Cultura.
Con esta actividade búscase por un lado manter o noso celebro o máis áxil posible, con diferentes actividades e xogos, e por outro lado tamén é una forma de socializar. Non nos podemos esquecer que son moitas as persoas que viven soas ou que directamente durante todo o día non teñen con quen falar. Con esta actividade buscamos que saian dos seus fogares, que entablen relacións con outras persoas e por último que fagan actividades e exercicios que lle axuden a mellorar e previr enfermidades, buscando tamén que aprendan a facelo nas súas casas, manifestou a Alcaldesa durante a visita ao inicio de curso.
Ademais este ano búscase traballar a coordinación e a axilidade, a través de xogos que poderán desfrutar as 18 persoas inscritas neste cursos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56