Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 09 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

"Mulleres en acción. Violencia zero" chega este xoves a Ponteareas cunha acción de Estíbaliz Veiga

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asistirá este xoves, no concello de Ponteareas, á cuarta acción desta edición do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en acción. Violencia zero", que se estreou en novembro. A artista Estíbaliz Veiga presentará no auditorio Reveriano Soutullo, ás 11:30 horas, Os golpes non son o que máis cicatriz deixa, unha proposta interactiva que ten como público obxectivo a mocidade. Con esta iniciativa Estíbaliz Veiga fará unha aproximación á personaxe na que está baseada o seu monólogo Golpes a través de métodos moi recoñecidos de interpretación. A finalidade desta acción é que as rapazas e rapaces se decaten do que está a acontecer na sociedade na que vivimos.

 

Estíbaliz Veiga é presentadora, actriz, escritora de guións e pedagoga teatral, e actualmente presenta o programa Un país en 360 e está de xira con Golpes, un monólogo sobre a violencia machista baseado en feitos reais. Diplomada en Pedagoxía Teatral pola Universidade da Coruña, tamén traballa impartíndolle clases de cinema e intelixencia emocional a alumnado de altas capacidades na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, participou en series de gran audiencia e en cinema, tanto a nivel autonómico coma estatal.

 

"Mulleres en acción. Violencia zero" ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Este ano volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades coma a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta quinta edición comezou en novembro de 2019 e, coma a anterior, desenvolverase en 25 concellos da provincia (Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Tui, Mondariz, Pontecesures, Gondomar, O Grove, Marín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo, O Porriño, O Rosal, A Guarda, Meis e Moaña).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.