O PORRIÑO
Once penados cumpriron 500 horas de traballos sociais no Porriño
Once penados con condeas que non implicaban cárcere cumpriron máis de 500 xornadas de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.
O Concello de O Porriño colabora co Centro de Inserción Social “Carmen Avendaño” de Vigo en facilitar o cumprimento desas condeas mediante traballo en beneficio á comunidade (coñecido polas siglas TBC) a persoas penadas por delitos leves con condeas non privativas de libertade.
Desde xuño ata decembro de 2019, oito homes e tres mulleres realizaron esas cincocentas horas de traballo social nas brigadas de limpeza, parques e xardíns do Concello. A meirande parte desas xornadas de traballo realizanse en días laboráis agás en catro casos que resolveron o tempo de condea traballando en fines de semana, segundo explicou Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente.
Neste ano 2020 que vén de comezar, xa hai dous penados que iniciaron o cumprimento das súas condeas de traballo social e un terceiro empezará o vindeiro luns 13.
O Código Penal contempla os traballos en beneficio da comunidade (TBC) para aquelas persoas condeadas a menos de dous anos de cárcere e que non teñan antecedentes penais. A meirande parte deste tipo de penados procede de condeas por delitos de tráfico e contra a seguridade vial (por exceso de velocidade ou sobrepsar os límites de alcoholemias).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149