VIGO
O Festival SonRías Baixas chega a Vigo
A Sala Master acollerá o 12 de marzo unha festa de presentación do festival, que celebra este verán en Bueu a súa 18ª edición, coas actuacións de SonDaRúa e Ninhodelosrecaos Dj. As entradas xa están á venda na web por 12€ máis gastos
O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto. En Vigo, a cita será na Sala Master, o 12 de marzo, coas actuacións dos ponteareanos SonDaRúa e de Ninhodelosrecaos Dj e as entradas xa están á venda na web sonriasbaixas.info a un prezo de 12€ máis gastos. Na billeteira custarán 15€. A organización do evento, capitaneada pola produtora Play Plan, quere converter estes "petiscos de música e filosofía SonRías" nun punto de encontro entre artistas e público, "unha excusa perfecta para non pasar un ano sen vernos" ao tempo que achegan a súa proposta musical e festiva a novos públicos dentro e fóra das nosas fronteiras.
SonDaRúa é un dos grupos revelación do rap galego dos últimos tempos. Creado en Ponteareas no 2016, o seu estilo desenfadado con bastante contido instrumental transmite bo rollo, mais cun trasfondo maioritariamente reivindicativo. A súa música bebe da ironía e da musicalidade da tradición oral popular galega e combínaa co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e contido político. Este 2020 sacarán e xirarán por toda a xeografía galega, non os perdades de vista, que van dar que falar!
Baixo a identidade de Ninhodelosrecaos DJ escóndese Rubén Sierra, creador, cantante e guitarrista de La Pegatina que tralos pratos é o rei do World Eclectic Beat, unha mestura de estilos que abrangue dende o dancehall ao trap, pasando polo mombathon, a salsa, o tropical bass ou o ska. Sierra é un dos Djs residentes das famosas festas Canibal Apolo de Barcelona, onde tamén dirixe e conduce o programa de radio Casa Babylon, que emite a emisora autonómica Icat FM. Ninhodelosrecaos DJ é sinónimo de festa, diversión, sorpresas e enerxía.
O Festival SonRías Baixas celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2020 en Bueu, cun cartel ao que aínda lle faltan moitos nomes pero no que xa destacan o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo, Kase.O, o punk-rock dos Desakato, os ritmos do mundo de García Mc & Nación Quilombo e a paixón pola tradición balcánica de Balkan Paradise Orchestra. As entradas están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 41€ máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.
AS (OUTRAS) FESTAS DO SONRÍAS
As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world music máis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.
![[Img #59478]](https://xornal21.com/upload/images/01_2020/1461_ninhodelosrecaos_01.jpg)
Xoves 5/3/2020 - García Mc & Nación Quilombo + SonDaDúa - Maus Hábitos (Porto)
Xoves 12/3/2020 - SonDaRúa + Ninhodelosrecaos Dj - Sala Máster (Vigo)
Viernes 13/3/2020 - García Mc & Dj Mil+ Ninhodelosrecaos Dj - Café Cultural Auriense (Ourense)
Sábado 14/03/2020 - SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos Dj - Sala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Club Clavicémbalo (Lugo)
Xoves 19/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico – Garufa Club (A Coruña)
Viernes 20/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 - Muyayo Rif + Poetarras - Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 - Dakidarría en acústico + SonDaRúa - Sala La Vaca (Ponferrada)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22