O PORRIÑO
Funcións de teatro para familias en “Bibliosaúde”
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño que dirixe Cami Moreira programou para este mes de xaneiro tres funcións de teatro pensado para as familias que terán lugar os sábados 18 e 25 no Centro Cultural Municipal.
A vindeira función será o sábado 18 baixo o tóitulo “Dúas heroínas, voando van”, a cargo da compañía “Señora Supina” e finalmente o sábado 25 representaráse “Cecilia e a súa boneca” pola compañía “A run run xogos e enredos”.
Por outra banda, neste mes de xaneiro arrincará na Biblioteca Municipal unha novidosa proposta de conferencias, un ciclo divulgativo chamado “Bibliosaúde”.
Na primeira quenda, datada para o xoves 23, trataráse o tema do desenvolvemento visual, incidindo de xeito especial nos nenos e nenas tendo en conta que 1 de cada rapaces non é diagnosticado ou é mal diagnosticado e no mundo hai 217 millóns de persoas con problemas visuais.
Lucila Tó García-Miranda será a encargada de impartir esta primeira conferencia. É unha óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía do comportamento, con máis de 25 anos de experiencia e que dirixe o seu propio centro en Andorra.
Esta nova proposta da Biblioteca Municipal está na liña do desenvolvemento de programas formativos polos que ten destacado nos últimos anos. Para 2020 elixiuse o ámbito da saúde en resposta ó Obxectivo nº 3 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, auspicíada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar o acceso público a información sobre saúde e benestar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149