CINE - TV
Ledicia Sola e Víctor Fábregas percorren os lugares máis pintorescos de Trives
Dous xeitos de descubrir o municipio a través das viaxes paralelas dos conductores do programa
Nesta nova entrega de “Vou que teño que ir” os nosos viaxeiros, Ledicia Sola e Víctor Fábregas, visitan Trives para descubrir este municipio dende dúas miradas ben diferentes. O programa, producido por Ézaro Films, emitirase o vindeiro martes, ao redor das 23.30 horas, na Televisión de Galicia (TVG).
Os presentadores danse cita en Pena Folenche, onde se atopan unha boa cantidade de sequeiros de castañas e unha monumental rocha que fai ás veces de miradoiro, situada no medio do pobo. Xa na vila, Ledicia decide dar un paseo polo casco histórico para coñecer de primeira man os tesouros agochados nas rúas, mentres que Victor decide ir facer a ruta do Souto de Rozabales e visitar unha das árbores senlleiras da nosa comunidade, o castiñeiro de Pumbariños, situado no concello limítrofe de Manzaneda.
En se algo é famoso na comarca aparte da neve e as montañas, é a bica de Trives. O pan da María será o escenario onde Víctor e Ledicia aprenderán a facer a famosa bica, unha combinación de manteiga, ovos, azucre e fariña. En Trives cómese ben tanto doce como salgado. E tamén é un sitio de boas carnes, das que darán boa conta os nosos protagonistas, degustando as especialidades da Cantina do Catro e do Pazo de San Lorenzo.
A última parada será na estación de Montaña de Manzaneda, un complexo turístico enfocado é neve e á multiaventura que comparten os concellos de Trives e Manzaneda onde Ledicia retará a Víctor a unha sesión de tiro con arco. Despois de soltar adrenalina, os esgotados deportistas pasarán a noite nun dos 34 apartamentos que conforman o complexo.
Vou que teño que ir é un programa de viaxes polo territorio galego onde Víctor Fábregas e Ledicia Sola nos convidan a descubrir o mesmo municipio ou comarca de dous xeitos ben diferentes. Nesta travesía polo mapa galego, achegranse ás tascas e tabernas máis tradicionais, á cultura popular, ás festas e costumes e ós sendeiros pola natureza buscando plans atrevidos ou de risco e procurando non rascar moito a carteira. Pero tamén buscarán alternativas culturais e históricas, con visitas máis confortables e luxosas e con parada en restaurantes coa gastronomía máis vangardista.
Despois do seu encontro matinal, Ledicia Sola e Víctor Fábregas separarán os seus camiños en visitas cruzadas con dúas actividades conxuntas onde cada un terá a posibilidade de levar ao seu terreo e poñer a proba o compañeiro. Un veciño ou guía especializada acompañará a cada un dos viaxeiros no seu percorrido amosando a cara máis xenuína dos diferentes lugares.
O humor estará presente en cada un dos episodios e as bromas entre os presentadores marcarán o ritmo distendido deste novo programa onde é moi fácil levantarse do sofá para viaxar ós recunchos menos explorados de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184