GALICIA
Manifestacións o 30 de xaneiro en Coruña, Compostela e Vigo en defensa das pensións
Os sindicatos CUT, CGT, STEG, Ferroviario, da Elevación e PROSAGAP chaman á sociedade galega a mobilizarse na rúa para evitar que se nor- malicen os recortes impostos coa escusa da crise
O vindeiro xoves 30 de xaneiro haberá manifestacións na Coruña, en Compostela e en Vigo ás 19:30 horas en defensa das pensións. Convocan os sindicatos CUT, CGT, STEG, o Sindicato Ferroviario, o Sindicato da Elevación e o PROSAGAP, que consi- deran que “non podemos admitir que se normalicen e se consoliden as conse- cuencias das nefastas políticas capitalistas e austericidas que se nos impuxeron coa escusa da crise para salvar aos poderes económicos das súas propias decisión voraces e insaciables de acumulación de poder e de diñeiro”.
Así o expuxeron aos medios, ás portas do Parlamento de Galicia, na presentación do manifesto co que convocan as manifestacións, no que aclaran que “malia que intenten vendernos que a estafa da crise xa remitiu e que a economía vai ben para intentar instaurar unha normalidade social inexistente, a realidade é moi diferente. A clase traballadora continúa a pagar as consecuencias desa estafa, a sofrer a precariedade laboral, a ver perigar as pensións presentes e futuras, a ser desafiuzada das súas vivendas, a padecer os recortes na sanidade, na educación, nos servizo públicos en xeral”. Por iso, segundo recollen no manifestó, “é imprescindible a mobilización do conxunto da sociedade e, sobre todo, das traballadoras e traballadores, das pen- sionistas, das estudantes, das persoas desempregadas. Os sindicatos convocan- tes consideramos que xa é hora de dicir basta, porque só desde a loita na rúa pode- remos reconducir a actual desproporción no reparto da riqueza. É hora de mobilizar unha fronte cívica e cidadá para poñer sobre a mesa todas as necesidades do 99 % da poboación e esixir que sexan atendidas”.
Así, explican que o 30 de xaneiro iniciarán un periodo de mobilizacións por toda Galicia, con manifestacións en Vigo, Compostela e A Coruña, co obxectivo de “esixir a derrogación dos recortes nas pensións das reformas de 2011 e 2013, retornando á xubilación ordinaria aos 65 anos, á xubilación anticipada aos 61, con 30 anos de cotización, reducindo as penalizacións, eliminando o factor de sostibilidade, garan- tindo a revalorización das pensións polo menos co IPC e establecendo unha pen- sión mínima de 1080 euros, entre outras medidas que as pensionistas están reivindi- cando con forza en Galicia e no conxunto do Estado”.
Así mesmo, no manifesto recollen que tamén chaman á mobilización para esixir a derrogación das reformas laborais que só trouxeron precariedade e incerteza para as traballadoras e os traballadores, introducindo garantías na contratación, na xustiza salarial, na estabilidade no emprego e no respecto á dignidade das condicións de traballo”. “Hai que acabar coa brecha salarial e de pensións entre homes e mulleres, establecer un Salario Mínimo Interprofesional de 1.200 euros men- suais, reducir a xornada laboral a 35 horas sen reducir o salario, eliminar as xorna- das parciais impostas especialmente ás mulleres e garantir o dereito á subrogación no emprego subcontratado”.
Para os sindicatos convocantes é o momento de “reverter todos os recortes dos últimos anos e conquistar novos dereitos para a clase traballadora, pensionistas e estudantes, garantindo a non discriminación contractual en función do sexo, lugar de orixe, ideoloxía, identidade sexual, diversidad funcional ou actividade económica, potenciando os servizos públicos, establecendo as medidas de control e sancións para evitar os accidentes laborais e as enfermidades profesionais, asegurando o acceso a unha vivenda digna e establecendo as medidas necesarias para impedir os desafiuzamentos sen alternativa habitacional e garantindo unha vida digna a todas as persoas co establecemento dun sistema de renda mínima garantida do nivel do SMI”.
“Tamén nos mobilizamos”, conclúen, “para esixir a ruptura do actual estado de dis- criminación cara a Galicia, en materia de infraestruturas, de investimentos, de políti- cas industriais, de servizos sociais, de atención ao mundo rural. É necesario recuperar as autoestradas galegas e eliminar ass peaxes, renovar absolutamente a nosa rede ferroviaria, electrificando cada quilómetro de vía, instalando sistemas de segu- ridade de primeiro nivel, aumentando os servizos nos pequenos núcleos e adap- tando os horarios ás necesidades da poboación”. “É imprescindible dignificar o tra- ballo no mar, da pesca, do marisqueo, da estiba, do transporte marítimo de persoas e mercadorías, con políticas de apoio a estas actividades e co recoñecemento pro- fesional, social e salarial que merecen”.
“É urxente tamén reconducir as continuas agresións ao ensino público, eliminando os concertos co ensino privado, incrementando o número de docentes no ensino público desde a estabilidade laboral. Apremia reconducir as políticas de sanidade, dotando aos centros de saúde e aos hospitais do persoal necesario, sanitario e de servizos, para garantir un servizo de calidade, que elimine as listaxes de espera, que asegure a atención inmediata e a proximidade na atención, empezando por pa- ralizar a pechadura do paritorio do Hospital de Verín”.
Os sindicatos convocantes conclúen reiterando o “chamamento ao conxunto da so- ciedade galega para que se una á onda de reivindicación que queremos poñer en marcha, empezando pola participación nas manifestacións convocadas para o próximo día 30 de xaneiro de 2020 ás sete e media da tarde nas cidades de Vigo (Vía Norte), Compostela (Praza Roxa) e Coruña (Praza de Portugal).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184