Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Sábado, 11 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A biblioteca pública municipal celebra o día das persoas usuarias

A biblioteca pública municipal, dependente da concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba, celebra o día das persoas usuarias das bibliotecas o luns día 13.


A partir das 18:30 horas a nosa biblioteca pública acollerá distintos actos e actividades para recoñecer aos e ás súas usuarias e ensalzar os servizos que ofrece.


Deste xeito, o concelleiro informa que se procederá ao nomeamento da persoa usuaria de honra na categoría infantil e adulto e tamén se agasallará un lote de libros para as persoas usuarias con máis préstamo no ano 2019.
Ademais haberá unha visita guiada á biblioteca municipal e ao museo municipal.


Tamén se repartirán marcapáxinas para todas as persoas usuarias asistentes.


Fernando Groba salienta a importancia deste servizo público aberto nun amplo horario e para todos os públicos, “un lugar no que poden atopar lectura e actividades culturais para o seu tempo de lecer pero tamén un espazo para o estudo e para ampliar a súa formación. As bibliotecas son lugares indispensables que van máis aló da lectura e son un servizo que vela pola promoción da cultura, da formación e mesmo un espazo de encontro no que atopar persoas con inquedanzas semellantes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.